Tablón de anuncios

Fondo libros de texto ESO

23/06/2017

O alumnado beneficiario de libros de texto recibidos do fondo solidario (1º, 2º, 3º e 4º de ESO) deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2017/2018 o vindeiro martes 27 de xuño en horario de 11:30 a 14:00 horas no comedor pequeno.

O alumnado de ESO que teña alguna materia pendente para setembro poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e como máximo ata o día de entrega de notas en setembro.