Tablón de anuncios

NORMAS INFANTIL

23/06/2014

 

·         Os libros teñen que traelos os primeiros días de clases nunha bolsa co seu nome e apelidos (o nome na bolsa, nunca nos libros por se hai algún erro así poder cambialos)

·         Non se poden traer xoguetes nin material escolar de ningún tipo, a excepción dos libros de traballo.

·         A comida para media mañá será adecuada ás necesidades nutritivas de cada neno-a, evitando lambetadas.

·         Para beber, poden traer un vaso de plástico nunha bolsa de tea co seu nome.

·          Mandilón – de cor amarela para os nenos de 4º de Ed. Infantil (3 anos), cor azul  para os nenos/as de 5º (4 anos) e cor verde  para os de 6º (5 anos)-  co nome e apelidos.

·         A roupa que sexa cómoda, sen tirantes e cintos.

·         A mochila e prendas de abrigo co nome.

·         Traer unha muda nunha bolsa co nome que quedará na clase.

·         Para as clases de psicomotricidade traerán calzado deportivo, o chándal e a camiseta do colexio que se utilizará tamén para as saídas e excursións.