Tablón de anuncios

Magosto 2017

07/11/2017

Estimadas familias:

Comunícolles  que o día 9 de novembro, con motivo da celebración do Magosto, todo o alumnado de Educación Primaria e o seu profesorado temos previsto pasa-lo día no Complexo Deportivo Monterrei seguindo coa tradición popular do San Martiño.

Sairemos póla mañá ás 10:30 horas e regresaremos pola tarde ás 17:00 horas, para que a saída do centro sexa a habitual ás  17:30 h.

O centro daralle a todo o alumnado a comida-picnic (2 bocadillos, auga, froita,…),  desprazamentos en autobús ó complexo deportivo e ó centro e o disfrute das instalacións,….

No caso de que o tempo non o permita, suspenderase a actividade, respetando o horario habitual do curso.