Tablón de anuncios

Axudas Alumnado Formación Linguas Extranxeiras 2018

08/02/2018

Achegamos DOG de hoxe, onde saíu publicada a “ORDE do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva”, así como o seu Extracto.

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 8 de febreiro e remata o día 7 de marzo.