Agenda

Excursión cultural a Verín (ESO)

11/11/2016

Nesta ocasión propoñemos visitar a vila de Verín e os seus arredores.

Durante toda a mañá, realizaremos unha ruta polas diversas fontes mineromideciñais dea zona, dende as máis coñecidas (Sousas e Cabreiroá) pasando por Fontenova ou a Fonte do Sapo. Neste percorrido pararemos nunha das plantas embotelladoras para coñecer o seu funcionamento.

Posteriormente faremos un percorrido lúdico-didáctico polas rúas de Verín. A través de diversas probas buscaremos: unha pousada real, a casa do asistente do conde de Monterrei, saudaremos ó cigarroón…

Remataremos o día, subindo ó conxunto fortificado máis grtande de Galicia, O Castelo de Monterrei. Alí faremos unha visita guiada na que ademáis de desfrutar das vistas, coñeceremos a súa historia, a torre da homenaxe e a igrexa de estilo gótico.

Podes ver as fotos desta excursión clicando no seguinte enlace.sigueme