Agenda

DEPORTE E MENTE SEN BARREIRAS

30/09/2016

O mércores 5 os alumnos/as de 2º ESO participaron nas actividades organizadas pola asociación ACHEGA dentro do proxecto DEPORTE E MENTE SEN BARREIRAS.

Un proxecto que xira entorno ó deporte adaptado.
Estas actividades perseguen un obxectivo común: que sexan accesibles a todos , dende os nenos ata os maiores, dende o rural ata o urbano de modo que sexan conscientes de que existen colectivos que tamén poden practicar algunha actividade física, de ocio ou de lecer .

Os obxectivos van encamiñados a:

  • Potenciar a actividade física en persoas con discapacidade.
  • Xerar conciencia e responsabilidade social
  • Dar a coñecer o deporte adaptado poboación galega
  • Implantar un novo coñecemento na realidade social galega
  • Producir un efecto positivo e terapéutico nas distintas persoas con discapacidade.

Visita galería de fotos sigueme